Esta sección estará adicada a construír unha memoria sonora do noso traballo. Incluiremos fragmentos de sesións de ensaio ou de fondo dramatúrxico, así como enlaces a arquivos que nos parecen relevantes e necesarios.
Pensamos tamén, a idea aínda ten que realizarse, en crear un arquivo de conversacións con pensadores e artistas para abordar cuestións que determinan a nosa situación social e o lugar das artes no seu conxunto.
Crearemos tamén pequenos formatos de ficción sonora que nos permitan tratar os asuntos que abordamos en cada ciclo de creación.