Skip to main content

A muller que non sabía que ruído fai o tren

A muller que non sabía que ruído fai o tren

A rapaza do café di Hoxe véxote cansada.

A muller di Tanto se me nota?

A rapaza do café di Non o tomes a mal.

[Hai como un asomo de rubor, a rapaza do café xírase e volve á máquina. Sinte, talvez, que abusou dunha confianza que agora lle parece fráxil. En realidade non se coñecen, só conversan a esa hora, brevemente, mentres a muller toma o seu café. É certo, pensa, a quen se lle ocorre dicirlle iso? Xírase e mira para a muller, que bota unha ollada aos titulares de prensa]

A rapaza do café di Coma sempre?

[A muller acena coa cabeza e segue pasando páxinas do xornal. Estou sendo borde. Non é culpa dela. Canto tempo levaba aquí antes de chegar eu? De que me queixo…non pode ser. Non pode ser. Teño que….]

A muller di Grazas. Cóbrame, por favor. Ata mañá.

E mañá, que?

Foi así, o 16 de marzo ás 12: 30. Entradas dispoñibles aquí.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…