Skip to main content

A rapaza que

A rapaza que

O outro día baixaba de volta cando me crucei con Alicia. Sorrín, e ela levantou discretamente a man para retornarme o contacto.

Estaba algo lonxe, e houbo algo na súa reacción que me desconcertou. Pensei que a situación ofrecía distintas posibilidades para ser resolta:

A rapaza era Alicia, e saudoume, o que remite á literalidade do dito no primeiro parágrafo.

Tal vez só era unha rapaza que tiña a mesma cara que Alicia e que, sen coñecerme, respondeu de xeito automático a un xesto de cortesía. Non obstante, tamén puido ser que esa rapaza, fose ou non fose Alicia, saudase a unha persoa que tiña a mesma cara ca min (e que ela coñecía, ou non, independentemente de que fose, ou non, Alicia). Incluso pensei que Alicia podería coñecer a outra persoa, ademais de min, que teña a mesma cara ca min e que esa persoa tamén sexa eu1 . Teremos que convir que no caso de que, aínda non sendo Alicia, esa persoa, coa cara de Alicia, coñecese a unha persoa que, non sendo eu, tivese a miña cara, sería normal que esa rapaza, non sendo Alicia, saudase a unha persoa que non era eu.

Máis tarde, xa preto da casa, pensei que podería ter pasado que Alicia, sendo Alicia, tivese unha cara distinta da cara que Alicia ten na miña lembranza. Pero isto semella, obviamente, pouco razoable, e sería, con toda probabilidade, materia para outro artigo.

  1. desboteino, por absurdo ↩︎

A palabra ou as palabras. Dicir, diciamos hai uns días: que era unha cuestión de dicir. Que hai que dicir? Dase o caso de que o que se di non sempre é o que está escrito, porque precisamente…

ARTIGO RELACIONADO

,
Talvez o xiro que lle dou aquí a esta frase semelle, nun primeiro momento, un disparate. Hai unha carga de sentido do lugar común, da frase feita, que domina a propia lectura do que a frase orixinal…

ARTIGO RELACIONADO

,
O compromiso a longo prazo dun xogador cara unha actividade depende tanto da xogabilidade1 como da capacidade do axente para a experiencia lúdica2(Ahmad et al. 2023: 2). A actitude lúdica3 é un…