
A teoría do xogo de Jacques Henriot (segunda parte)
A teoría do xogo de Jacques Henriot (segunda parte)
Henriot asenta a súa visión do xogo sobre unha estrutura de tres elementos (Henriot, 1969: 15-18). O xogo é, en primeiro lugar, aquilo ao que xogamos, o game1; isto correspóndese co «tema» que apunta na súa definición, o conxunto das regras ou convencións que regulan a práctica do xogo e que son indispensables para distinguir un xogo particular entre todos os demais. O tema inclúe tamén os elementos técnicos e os dispositivos físicos necesarios para que o xogo sexa posible.
SE QUERES SEGUIR LENDO ASÓCIATE
- Seguindo o exemplo de Henriot, para unha boa compresión dos conceptos, xa que a lingua galega non os diferencia, utilizaremos os termos ingleses game, play, e playing. ↩︎
- Cando se trate dunha conduta, dado que resulta da reunión do game e o play, empregamos o termo gameplay, que tomamos prestado da ludoloxía ↩︎
- Henriot cita o Cours de linguistique générale (1916). ↩︎
- Este termo non aparece na obra de Henriot; parécenos axeitado porque introduce unha forma de movemento, de acción continuada, a partires da distinción que Winnicott fai entre play e playing (Winnicott, 1971: 58), aquilo que só pode acontecer mentres se xoga. Philippette (2014), nunha revisión da teoría de Henriot, tamén utiliza este termo. Pola súa banda, Sanchez, Emin-Martinez e Mandran (2015: 9), no contexto do estudo da práctica de videoxogos, fan unha distinción similar. ↩︎
- Henriot propón o termo jouant, neoloxismo empregado polo autor francés para dar conta da dimensión interna da actividade lúdica, fronte ao termo xogador, que se limitaría aos aspectos externos da conduta. ↩︎
- Na literatura máis recente sobre o xogo, sobre todo a que nace ao abeiro da ludoloxía, son centrais os termos ingleses playability e playfulness, e os conceptos que se asocian con eles. ↩︎

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…

Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.