Skip to main content

A verdade tamén se inventa

A verdade tamén se inventa

Inauguramos esta semana unha serie de biografías ficcionais a partires de fotografías nosas modificadas dixitalmente. Crearemos de xeito recorrente relatos de vida para persoas que acompañan o noso traballo, ou que nos interesan particularmente. Hai historias, ás veces, que necesitan que lles poñamos cara, aínda que ese rostro non sexa máis que unha ficción; historias que non necesariamente chegan á escena, pero que tamén, dalgunha forma, son teatro.

O título deste artigo está tirado do espectáculo Tijuana do colectivo Lagartijas tiradas al sol. A verdade é un relato dos feitos, non os feitos en si mesmos. A verdade escríbese, e non sempre con boas intencións ou para o interese de todos. Non queremos que haxa ambigüidade coas nosas imaxes ou cos nosos relatos. Xa imos deixando pistas de que hai gato encerrado, pero aínda así, non queriamos deixar de amosar a nosa intención de xogar, si, pero sen cartas marcadas.

Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…
Unha ocasión para escoitar os versos de Rosalía, co gallo do día mundial da poesía, na voz de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, poeta, membro da Real Academia Galega, e profe…

ARTIGO RELACIONADO

,
Miro al suelo, un suelo enorme sin palabras (papeles, sí, alguien que barre en un portal, las típicas palomas) pero palabras ninguna (o no las veo). Pienso: quizá mi miopía ha empeorado, quizá y…