Skip to main content

A zona de fluencia

A zona de fluencia

A fluencia, ou flow, tamén chamada “experiencia óptima”, é un tipo de experiencia que se produce, principalmente, asociada ás actividades lúdicas, pero tamén, en menor medida, en actividades que poden ser motivadoras para as persoas pola satisfacción persoal que producen, como poden ser as artes, os rituais, a meditación ou incluso o traballo.

A teoría que a sostén foi iniciada por Mihaly Csikszentmihalyi1 que enumera unha serie de características para este tipo de experiencias:

Primeiro, a experiencia prodúcese cando afrontamos tarefas que están ao noso alcance, que somos quen de levar a cabo. Segundo, temos que ser quen de concentrarnos no que estamos a facer. Terceiro e cuarto, a concentración é a miúdo posible porque a tarefa que asumimos ten obxectivos claros e proporciona un retorno inmediato. Quinto, actuamos cun fondo investimento case sen esforzo que elimina da nosa conciencia as preocupacións e as frustracións da vida cotiá. Sexto, as experiencias proveitosas permiten que as persoas experimenten unha sensación de control sobre as súas accións. Sétimo, a preocupación por un mesmo desaparece, aínda que, paradoxalmente, unha forma de auto-conciencia emerxe con forza unha vez rematada a experiencia óptima. Finalmente, a percepción do tempo altérase; as horas pasan como minutos, e os minutos poden estirarse ata parecer horas. A combinación destes elementos produce un profundo gozo que é tan satisfactorio que as persoas pensan que gastar unha grande cantidade de enerxía merece a pena para poder sentilo (Csikszentmihalyi, 1990: 49).

A práctica do xogo que non está acompañada deste tipo de experiencia non pode considerarse como realmente lúdica.

  1. CSIKSZENTMIHALYI, Mihailyi (1990): Flow. The psychology of optimal experience, Chicago: Harper-Collins. ↩︎

ARTIGO RELACIONADO

,
As achegas da neurociencia son fundamentais para entender os procesos biolóxicos sobre os que se asentan as actividades potencialmente lúdicas. O psicólogo Jaak Panksepp desenvolveu unha teoría da c…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Nacer nunha illa. Medrar nunha illa. Morrer nunha illa. E logo, fuxir a terra. Sobrevivir non é seguir vivindo. Sobrevivir é non ter morto. Polo menos, non completamente. A morte non ten por…

ARTIGO RELACIONADO

,
Esta é unha proposta por veces absurda, pero que aborda temas relevantes para nós. O pretexto é a memoria dun espectáculo de hai 25 anos. Que queda aínda hoxe? Como se mantivo vivo durante todo este…