
Actitude lúdica (playfulness)
Actitude lúdica (playfulness)
As achegas da neurociencia son fundamentais para entender os procesos biolóxicos sobre os que se asentan as actividades potencialmente lúdicas. O psicólogo Jaak Panksepp desenvolveu unha teoría da configuración neural das emocións, formulando unha hipótese1 sobre a existencia de distintos circuítos emocionais ou motivacionais que existen no cerebro, de recompensa (BUSCA, XOGO, COIDADO DO OUTRO, DESEXO SEXUAL2) e de castigo (AFLICIÓN, TEMOR, IRA3) a nivel moi profundo, compartindo diversas compoñentes neuropsicolóxicas e interaccións recíprocas (Panksepp, 2005: 33) que se expresan a través de operacións non conscientes que son compartidas por distintas especies animais, fundamentalmente mamíferos4 (Panksepp, 2010: 56).
SE QUERES SEGUIR LENDO ASÓCIATE
- Panksepp desenvolveu o seu estudos con ratas e asume, a partir das afinidades estruturais dos sistemas nerviosos, e polas analoxías de comportamento, que eses resultados se poden extrapolar ao ser humano, o que, como apunta LeDoux, non deixa de ser controvertido, cando se teñen que valorar experiencias subxectivas (LeDoux, 2014: 49-54). LeDoux recoñece que as achegas científicas sobre a configuración neural dos afectos están «na súa infancia» (LeDoux, 2014: 54). O noso traballo propón unha argumentación teórica compatible co funcionamento destas estruturas para o caso específico do xogo. ↩︎
- No orixinal, «SEEKING», «PLAY», «CARE», «LUST». Mantemos o formato orixinal do texto. As maiúsculas son utilizadas cando se fai referencia aos circuítos emocionais do cerebro. Utilizaremos o mesmo formato cando fagamos referencia aos circuítos de XOGO. ↩︎
- No orixinal, «GRIEF»,«FEAR»,«RAGE». ↩︎
- Burghardt (2005) realiza unha revisión bibliográfica moi detallada da literatura que identifica condutas potencialmente lúdicas nalgunhas especies de paxaros, réptiles, peixes e incluso invertebrados. ↩︎
- Utilizamos o concepto como tradución do termo «playfulness», para falar da tendencia cara adoptar unha conduta de forma lúdica. Power (2011: 297) defínea como un «atractor neurodinámico», isto é, «un punto de destino cara o que tenden os sistemas dinámicos» (Marks-Tarlow, 2010: 38), independentemente do punto de partida. Un sistema é dinámico cando evoluciona co tempo. ↩︎
- A dopamina é un neurotransmisor relacionado coa flexibilidade cognitiva. Panksepp (1998: 54) sinala que a dopamina promove estados de «entusiasmo e que implican un obxectivo», como poden ser os asociados ás actividades potencialmente lúdicas, e que «os animais necesitan niveis normais deste neurotransmisor para poder xogar» (Panksepp, 1998: 294). ↩︎
- O corpo ten capacidade para producir opioides, como as endorfinas, que «recompensan ao cerebro por completar tarefas específicas» (Henricks, 2015: 23). Pode consultarse o artigo de Louk Vanderschuren, How the brain makes play fun (2010), para obter unha exposición máis detallada das achegas investigadoras sobre a neuroquímica asociada ao xogo. ↩︎
- Silva (1999: 265) apunta que «un material, incluso se é lúdico por convención, pode ser abordado sen a máis mínima intención lúdica» e propón un exemplo dun matemático que estudase o xogo do xadrez. ↩︎
Bibliografía
Burghardt, Gordon M. (2005): The genesis of animal play. Testing the limits, Cambridge: MIT Press.
Henricks, Thomas S. (2020): «Play studies. A brief history», American Journal of Play, 12, 2, p. 117-155
Henriot, Jacques (1969): Le jeu, Paris: Presses Universitaires de France.
— (1989): Sous couleur de jouer. La métaphore ludique, Paris: Librairie José Corti.
Ledoux, Joseph (2014): «Rethinking the Emotional Brain», The Emotional Brain Revisited, eds. Jacek Debiec, Michael Heller, Bartosz Brozek, Joseph LeDoux, Krakow: Copernicus Center Press, p. 13-84
Marks-Tarlow, Terry (2010): «The fractal self at play», American Journal of play, 3, 2, p. 31-62
Panksepp, Jaak (1998): Affective Neuroscience. The foundations of human and animal emotions, New York: Oxford University Press.
—(2005): «Affective consciousness: Core emotional feelings in animals and humans», Consciousness and Cognition, 14, p. 30-80 [En liña: https://doi.org/10.1016/j.concog.2004.10.004 Data de consulta: 23/09/2020]
—(2010): «Affective neuroscience of the emotional BrainMind: evolutionary perspectives and implications for understanding depression», Dialogues in Clinical Neuroscience, 12, 4, p. 533-545 [En liña: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC3181986/ Data de consulta: 02/09/2019]
Power, Pat (2011): « Playing with Ideas. The Affective Dynamics of Creative Play », American Journal of Play, 3, 3, p. 288-323 [En liña: https://www.museumofplay.org/app/uploads/2022/01/3-3-article-power-playing-with-ideas.pdf Data de consulta: 11/09/2021]
Silva, Haydée (1999): Poétiques du jeu. La métaphore ludique dans la théorie et la critique littéraires françaises au xxe siècle, Tese de Doutoramento, Université Paris III [En liña: lewebpedagogique.com/jeulangue/files/2011/01/PoetiquesLud.pdf. Data de consulta : 19/01/2017]


