
Am3lia
Am3lia
Volve Amelia ao Teatro Permanente, por terceira vez esta tempada, para concluír este ciclo que parte da vivencia e as consecuencias da maternidade en relación á práctica artística. Desta volta, estendemos o grupo de traballo, con Amparo, Lisa, Paulo e Ánxela, para construír un espectáculo en dous tempos, dúas perspectivas diferentes que permiten dúas experiencias, mesturadas e autónomas, que dialogan.
Retomamos o formato de permanencia: unha xornada de creación para producir a estrutura dun espectáculo efémero, completamente improvisado, no que todo sucede en base á escoita mutua entre intérpretes.

No mes de novembro acollemos a Iván Davila para propoñervos un curso de clown en formato de fin de semana. Esta será a primeira das nosas citas anuais con este formato, que incorporamos ao noso perc…

Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigaci…

Un aspecto fundamental da teoría de Jacques Henriot é a súa consideración do carácter dramático1 das actividades lúdicas. A irreversibilidade do xogo constitúe tal vez o seu trazo máis importante…