Skip to main content

Am(e)lia

Am(e)lia

Alguén quixo te coller e non estabas

Paras ao lonxe,

e dende aquí resulta imposible bailarte,

non podemos verte sequera,

na transformación filial, súbita, dos nosos hábitos máis firmes.

Permaneces inmóbil, descoidadamente infantil,

incomodamente ausente, xalundes,

patria do faltar, do non ser quen de terte.

Na destreza coa que o silencio ocupa o teu lugar

recoñezo que por veces esquezo que existes, non te estraño;

pero daquela alguén respira, e semella, subitamente,

na axitación, no pánico,

que gardases alén todo o aire que necesitabamos.

Non volvas xa,

non regreses a ti, ao teu seres aquí, nós, connosco, nunca.

Pasaron as horas,

alguén observaba e non te viu,

alguén te arrolaba e non te viu,

non pretendas volver, xa es imposible.

Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…
Unha ocasión para escoitar os versos de Rosalía, co gallo do día mundial da poesía, na voz de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, poeta, membro da Real Academia Galega, e profe…