
Comezou a formarse en danza clásica cando tiña 10 anos en Cangas do Morrazo, e quen lle diría daquela que acabaría estudando no Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid, ou que cursaría a equivalencia aos estudos superiores de danza na especialidade de “Pedagoxía da Danza” no Institut del Teatre, en Barcelona…
A súa andaina profesional comenzou na compañía “Dança do Noroeste” (Portugal) alá polo ano 98, e posteriormente transitou por outras compañías como Druida Danza, Cía Sólodos, Cía Fernando Hurtado…Tamén formou parte do elenco do Centro Coreográfico Galego en dúas producións (Vacuo e Giseliña).
Dende hai algo máis de10 anos desenvolve a súa faceta docente no Conservatorio Profesional de Danza de Lugo.

Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…

Os corpos aparecen diante de nós. Preséntanse, ou son presentados. Están. Vémolos. Pero como queren ser vistos? Non hai unha correspondencia entre o que un dá a ver e o que a persoa que observa perc…

Retomamos as sesións matinais da man de Amparo Novas, Ánxela Vidal Trabada e Paulo p, cunha nova proposta de acción escénica a través do movemento, a palabra e a música. Desta volta partimos das…