Skip to main content

Apocrafías (1)

Apocrafías (1)

Gustavo (nome ficticio para protexer o seu anonimato) exerce as funcións de técnico de iluminación e sonido. En realidade, poderíamos dicir que é un home para todo. Criouse no barrio de Petare, na periferia de Caracas, e tivo a sorte de poder chegar a Europa hai case vinte anos. Despois de pasar por varias cidades españolas, afíncase en Vigo, onde tiña unha curmá, recentemente falecida. Chegamos a coñecernos pouco antes do inicio do curso, por razóns que non importan, e durante uns meses estará connosco facendo as prácticas dunha formación específica en estruturas converxentes para unha modelización fiable das pautas que perpetúan os valores endémicos irrenunciables na construción das identidades contemporáneas, aplicada a iluminación escénica.

Un orgullo telo connosco; algún día daremos contas de historias verdadeiramente incribles que nos ten contado.

A verdade tamén se inventa.

Deixa unha resposta

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…