Skip to main content

Asóciate

Asóciate

En 2020, creamos a Asociación Cultural Teatro Permanente. Unha estrutura asociativa sen ánimo de lucro que ten como obxectivos fundamentais o desenvolvemento de ferramentas de educación teatral e a acción social a través do teatro.

Imos crear un tecido comunitario que permita levar adiante un proxecto amplo de Escola de Teatro, con intervencións cotiás en distintos ámbitos.

A actividade do Teatro Permanente sostense, exclusivamente, a través das aportacións das persoas asociadas, cun modelo similar ao de certas asociacións e cooperativas de consumidores, pero neste caso aplicado ás artes escénicas. 

Coas achegas de todas as persoas, en forma de cotas de asociación, doazóns ou taquilla inversa, configuramos unha programación regular de actividades relacionadas coa práctica teatral, como poden ser presentacións escénicas, obradoiros, intervencións educativas e de divulgación, entre outras. 

Tamén serán elementos centrais o voluntariado e as accións compartidas con distintos axentes de proximidade, procurando a coordinación de esforzos e a optimización dos recursos. Falamos do que poderíamos chamar  teatro de quilómetro cero, feito desde e para a nosa comunidade. O noso obxectivo é reducir ao máximo os consumos asociados á creación e, deste xeito, acadar unha forma de autarquía artística, minimizando polo camiño o impacto dos nosos proxectos, e implicando ás persoas socias na acción social a través da arte e nas tarefas de dramaturxia dos distintos proxectos.

Se queredes comunidade, participade! 

Se queres formar parte da comunidade do Teatro Permanente, escolle o teu plan e chámanos ou contacta connosco a través do correo electrónico ou das redes sociais

Plans

Xeral

20 Ano natural
  • Acceso aberto a todas as accións escénicas: permanencias, concertos, recitais…
  • Dereito de inscrición ás actividades semanais: obradoiros, conversas, dramaturxia aberta, etc
  • Contidos propios na nosa web (desde a área asociadas)

Socio2

240 Ano natural

  • Desconto de 20% nos nosos obradoiros

Permanente

500 Ano natural
  • Acceso aberto a todas as accións escénicas: permanencias, concertos, recitais…
  • Dereito de inscrición ás actividades semanais: obradoiros, conversas, dramaturxia aberta, etc
  • Contidos propios na nosa web (desde a área asociadas)
  • Ofrecemos aos nosos socios Permanentes unha das nosas Creacións a Medida

Contacto

Teatro Permanente

Rúa Abeleira Menéndez 7
36202 Vigo
Pontevedra

+34 659 188 988
info@teatropermanente.com