Skip to main content

Aurore Degoit

Aurore Degoit

Aurore descobre o teatro na rúa, durante unha performance poética e itinerante que imprime nela a forza social e máxica da arte. Despois de realizar estudos de teatro en Toulouse, marcha a Marsella para continuar a súa formación. Despois de completar o grado en artes do espectáculo, participa na fundación do colectivo de arte urbana Akalmie Celsius, co que fai a súa primeira xira en 2009. Á procura de maior profundidade, decide realizar un mestrado de investigación en artes escénicas, que obtén en 2012. A continuación, marcha a Tunisia para comezar unha tese de doutoramento, pero abandona o proxecto e instálase na vila de Sousse, como responsable da mediateca do instituto francés. Durante eses anos, dez en total, participa na creación dun novo colectivo, 5ACHEBA. Xa de volta en Francia, asume a dirección da mediateca Rémy Peyranne, ao norte de Toulouse, na súa rexión natal, posto que ocupa na actualidade.

“Ce qui m’intéresse dans tout ce que j’entreprends ce sont les récits : comprendre la vie à travers les histoires qu’on lit, celles qu’on écoute ou qu’on écrit. Mes médiums préférés : la voix, parlée ou chantée, et le corps en mouvement”.

Aurore estará en escena connosco no mes de abril para colaborar coa nosa programación en lingua francesa.

Récit(s) d’un effondrement: Ruir (suite)

24 e 25 de abril ás 20:00

2 de setembro de 2015. Con isto debería ser dabondo para o que queira saber máis. Pero non te convidamos a procurar os detalles do que acontecerá en escena. Podemos dicir que é unha especie d…
Este espectáculo propón unha conversa entre dous “garçons d’étage” (camareiros de piso) que atenden ás persoas que chegan ao inferno imaxinado por Jean-Paul Sartre para Huis Clos (A porta pecha…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Nova data, o 6 de febreiro Todo isto comezou por casualidade. Pero as casualidades non existen, só é unha falta de perspectiva que non nos permite ver certas conexións entre as cousas. E logo, ca…