Skip to main content

A(y)lan [silencio]

A(y)lan [silencio]

2 de setembro de 2015.

Con isto debería ser dabondo para o que queira saber máis. Pero non te convidamos a procurar os detalles do que acontecerá en escena. Podemos dicir que é unha especie de proba contra a curiosidade. Ou pola curiosidade. Cada unha saberá o que quere facer. Ou o que ten que facer. E despois, unha vez feito, cada quen terá que manexar ese pensamento: mereceu a pena? Por que quixen saber? Resistimos á curiosidade ou cedemos a ela. En calquera dos dous casos podemos pensar en que razóns nos levaron a unha ou outra decisión, e en como xestionamos as consecuencias.

O espectáculo nace dunha única imaxe. Esta imaxe foi portada en moitos lugares do mundo, e calquera pode recoñecela. Non obstante, hai moitas máis cousas que esta fotografía pode facer visibles. Propoñemos unha peza documental breve que nos descobre algúns elementos que saen fóra do encadre desa imaxe e que nos obrigan a ser esixentes coa información que chega ata nós con aparencia de verdade.

Esta é a terceira etapa desta creación que Alberte Alonso presenta en escena a partires dun texto propio.

ATENCIÓN: durante o espectáculo proxéctanse algunhas imaxes reais de persoas mortas. Abstéñase quen poida encontrar a experiencia difícil de manexar.

26, 27, 28, 29 de novembro ás 20:00

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…