Skip to main content

A(y)lan [silencio]: primeira etapa

A(y)lan [silencio]: primeira etapa

Unha imaxe.

2 de setembro de 2015.

Con isto debería ser dabondo para o que queira saber máis. Pero non te convidamos a procurar os detalles do que acontecerá en escena. Podemos dicir que é unha especie de proba contra a curiosidade. Ou pola curiosidade. Cada unha saberá o que quere facer. Ou o que ten que facer. E despois, unha vez feito, cada quen terá que manexar ese pensamento: mereceu a pena? Por que quixen saber? Resistimos á curiosidade ou cedemos a ela. En calquera dos dous casos podemos pensar en que razóns nos levaron a unha ou outra decisión, e en como xestionamos as consecuencias.

Propoñemos unha primeira etapa de traballo dun proxecto que percorrerá gran parte desta tempada e para o que necesitamos a vosa colaboración. Gustaríanos compartir os relatos da pegada dunha imaxe, non centrados sobre o contido, senón sobre a simple experiencia de estar fronte a ela cos ollos abertos.

A creación irá expandíndose, encontrando a súa forma, sempre efémera, sempre provisoria, para que esa imaxe non desapareza, e nosoutros con ela.

Co gallo da presentación da nosa programación para este final de ano, abrimos un tempo de conversa arredor do tema central da nosa tempada. Será despois da presentación deste work in progress, e todas as persoas son benvidas.

Venres 26 de setembro ás 20:00.

Entrada libre ata completar aforo.

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…