Skip to main content

Contes qu’il ne faut pas compter

Contes qu’il ne faut pas compter

Unha vez lin un libro. Era tan pequeno que case non se lle podería chamar libro, se non fose polo feito de que era un libro. A primeira páxina estaba ao principio, e a última non contaba nada, só tiña indicacións de quen o imprimira, e onde. Coma todos os libros. Todos os libros que eu coñeza, en calquera caso. Levaba por título: conto número 2, e o seu autor era Eugène Ionesco, o célebre dramaturgo francés nado en Romanía. Foi un auténtico descubrimento, porque non sabía que Ionesco escribira contos infantís, e resultou un éxito total nos nosos momentos de lectura. Recoméndovolo!

O teatro do absurdo sempre me pareceu unha materia de traballo marabillosa para o xogo escénico, e pensei que poderiamos partir da maneira de contar de Ionesco para construír un pequeno espectáculo de teatro familiar onde se conten historias de todo tipo. E iso fixemos.

Arrincamos coa nosa programación en lingua francesa. Neste caso, cun espectáculo para público familiar.

Sábado 10 de xaneiro ás 18:00.

Reservas xa dispoñibles!

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…