Skip to main content

Disons, Rosalía

Disons, Rosalía

Unha ocasión para escoitar os versos de Rosalía, co gallo do día mundial da poesía, na voz de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, poeta, membro da Real Academia Galega, e profesor na Universidade de Vigo.

Neste caso, aproveitamos tamén a ocasión das xornadas da francofonía, que se celebran nestas mesmas datas, para ofrecervos un recital bilingüe, con traducións propias da man de Alberte Alonso.

Sábado 21 de marzo ás 20:00

As persoas socias poden reservar a súa praza anticipadamente, e serán prioritarias ata o venres 13 de marzo. A partires desta data, as persoas non socias poderán facer as súas reservas neste número: 659.188.988.

Aforo reducido

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…