Skip to main content

Dramaturxia aberta [?]

Dramaturxia aberta [?]

Ao inicio de cada ciclo de creación reservaremos un tempo para recibir as achegas da nosa comunidade. Lecturas de interese, preguntas, referencias a outros contextos e situacións, noticias, lembranzas…calquera aportación que poida, chegado o momento, servir para construír a dramaturxia dun espectáculo.

Convocaremos unha asamblea na primeira semana do traballo para que poidamos conversar sobre o tema que imos abordar e que poidades participar presencialmente do proceso. Tamén nos poderedes facer chegar as vosas aportacións a través do correo electrónico: dramaturxia@teatropermanente.com

Arrincamos un novo curso no Teatro Permanente, cun adianto da programación ata final de ano, e propoñémosvos a que será unha das novidades desta tempada: a dramaturxia aberta. Ao inicio de cada cicl…
Hai un momento, nalgunha mañá de inverno, un momento que volve, con tanta certeza que semalla ser o mesmo. Un momento no que a muller se para, respira, e o aire húmido que sobe do río entra directam…
A rapaza do café di Hoxe véxote cansada. A muller di Tanto se me nota? A rapaza do café di Non o tomes a mal. [Hai como un asomo de rubor, a rapaza do café xírase e volve á máquina. Sinte…