Skip to main content

E nós, alí. Capítulo 2: terra

E nós, alí. Capítulo 2: terra

Nacer nunha illa. Medrar nunha illa. Morrer nunha illa. E logo, fuxir a terra.

Sobrevivir non é seguir vivindo. Sobrevivir é non ter morto. Polo menos, non completamente.

A morte non ten por que ser un deceso. Pode ser unha falta, unha perda, un estar fóra do seu propio camiño, unha forma de desfase, de distancia que se crea coa vida propia.

Hai como unha ansia que non se pode calmar, que reclama volver ao lugar exacto, ao momento preciso, aínda que iso resulte imposible. Ou talvez…

Retomamos os sucesos do primeiro capítulo, Imaxinar unha illa, para propoñer unha “precuela”, un tempo anterior que provocou os sucesos dese primeiro volume. Unha muller, encóntrase en terra recuperándose das consecuencias dun incendio. E toda unha serie de imaxes volven a ela para amosarlle o camiño de volta á illa.

Con Sonia Salgado, Lisa Vitorino e Tania Godoy, nunha creación colectiva mediada por Alberte Alonso.

Sábado 28 de marzo ás 20:00

Aforo moi reducido

Entrada libre nos límites do aforo. Faremos entrada inversa.

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…