
E nós, alí [reboot]
E nós, alí [reboot]
Este é o punto de partida.
Agora intervén outra dramaturxia para o mesmo texto, outra proposta de posta en escena que nos leva cara o tema desta tempada: Non somos máis que as nosas vidas, e a peza de Sartre, A Portas Pechadas.
Como se presenta esa situación imposible na que unha personaxe se encontra consigo mesma en momentos vitais distintos? Xa non estamos na illa, xa non se escoita o mar, e o que queda daquelas representacións do mes de xuño non é máis que un fondo para a interpretación da proposta actual.
Estamos cerca, moi cerca, coa necesidade de contar o que aconteceu. Pero por veces semellaría que esquecésemos que estades aí, e daquela…
Venres 24 e Sábado 25 de outubro ás 20:00.

Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!

Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…

O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…