
Entra o público:
Entra o público:
natalia di foi así
lisa di como?
natalia di xa o teño contado tantas veces…
lisa di unha vez máis
natalia di será a última
lisa di non o sabes
Entra o público. Hai todo un protocolo para ubicar a cada persoa no seu asento. Cómpre ter paciencia. Hai que respectar a calma. O tempo que decidimos outorgar a esta pequena manifestación creativa. Viñemos a estar, disque. Digo. Vide a estar. E o que teña que acontecer, terá a súa oportunidade.
Foi así. O 16 de marzo ás 12: 30. Entradas dispoñibles aquí.

Velaquí a última etapa do noso percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartr…

Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…

Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…