Skip to main content

Esta Antígona

Esta Antígona

E por que esta, e non outra? Hai máis de unha? Non falamos dunha versión ou lectura particular do texto de Sófocles ou da historia, mítica ou non, da filla de Iocasta. Falamos dunha Antígona en concreto, que chega a nós despois da súa morte, convocada por Ismene, para seguir colaborando con aquilo que considera xusto.

A pesares do que poida facer pensar o título, no centro deste tempo teatral está Ismene, única sobrevivente da maldición da casa de Lábdaco, para confrontar, real ou imaxinadamente, as consecuencias das súas decisións previas, nunha tentativa última de sobrepoñerse a elas.

Antígonas hai moitas, a nosa é esta.

Esta proposta constitúe o resultado do proceso de traballo do noso obradoiro para persoas adultas. Un percorrido que comezou no mes de outubro e que se materializa esta fin de semana con dúas funcións para concluír a tempada.

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…