Skip to main content

Estar xogando

Estar xogando

Como xa comentamos anteriormente, os procesos que definen a natureza lúdica dunha conduta son procesos internos, mentais, que non teñen por que ser visibles desde o exterior. Aínda así, poderíamos dicir que nada nos indica que os xogadores desa primeira partida de xadrez a abordasen de xeito lúdico. Neste sentido, Pavía1 identifica dous modos de práctica de xogo: un modo serio (cando o importante é o resultado), e un modo lúdico (cando o importante é o proceso), onde a conduta que comunmente denominamos xogar se realizaría na plenitude do seu sentido.

Este é o playing, o elemento que opera a transformación lúdica dunha conduta. Deste xeito, calquera actividade que consideremos como un xogo pode ser practicada como tal, pero non adquirirá sentido lúdico, un sentido que vai máis aló do significado que atribuímos as palabras coas que a denominamos, se non vai acompañada dunha experiencia de fluencia e sen que o resultado determine completamente o éxito da súa práctica.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa deste percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartre…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Nacer nunha illa. Medrar nunha illa. Morrer nunha illa. E logo, fuxir a terra. Sobrevivir non é seguir vivindo. Sobrevivir é non ter morto. Polo menos, non completamente. A morte non ten por…