
Etapas para unha variación
Etapas para unha variación
Retomamos unha proposta de concerto teatralizado da man da frautista Laura Lorenzo, que xa presentamos na primavera. Trátase dunha proposta de escenificación da interpretación musical feita por Alberte Alonso para o Teatro Permanente.
Nesta posta en escena, os elementos musicais dispóñense de xeito particular para poder explorar aspectos da interpretación que poden pasar desapercibidos nunha presentación máis convencional.

Como tema central, a folía, un esquema melódico e harmónico de orixe renacentista e autoría anónima. Foi unha das danzas máis populares da Castilla do Século de Ouro que se extendeu amplamente por Europa. Ó longo dos séculos, numerosos compositores de diferentes lugares escribiron variacións sobre este famoso tema. Nesta ocasión revisitaranse as Folies d’Espagne de Marin Marais, quen compuxo máis de 30 variacións sobre o tema.
A través dunha proposta escénica simple que pon en valor os aspectos visuais da interpretación musical, elaboramos un percorrido que comeza no acto máis elemental de respiración e de manipulación do instrumento, para rematar coa execución dunha escolla de variacións estruturada en función de parámetros propios.
Venres 14 de novembro ás 20:00
Reservas xa dispoñibles. Asóciate!
Fotografía: Sergio Alegre


