Skip to main content

Etapas para unha variación

Etapas para unha variación

O mes de abril estará dedicado á música no Teatro Permanente. Arrincamos cun concerto este xoves día 10 ás 20:00 da man da frautista Laura Lorenzo. O día 24 continuamos cunha proposta de Paulo p. que aborda tamén aborda o tema da variación

Pero imos co máis inmediato. A deste xoves será a nosa primeira experiencia de concertos teatralizados, onde os elementos musicais se dispoñen de xeito particular para poder explorar aspectos da interpretación que poden pasar desapercibidos nunha presentación máis convencional.

Como tema central, a folía, un esquema melódico e harmónico de orixe renacentista e autoría anónima. Foi unha das danzas máis populares da Castilla do Século de Ouro que se extendeu amplamente por Europa. Ó longo dos séculos, numerosos compositores de diferentes lugares escribiron variacións sobre este famoso tema. Nesta ocasión revisitaranse as Folies d’Espagne de Marin Marais, quen compuxo máis de 30 variacións sobre o tema.

A través dunha proposta escénica simple que pon en valor os aspectos visuais da interpretación musical, elaboramos un percorrido que comeza no acto máis elemental de respiración e de manipulación do instrumento, para rematar coa execución dunha escolla de variacións estruturada en función de parámetros propios.

Todos estes elementos reúnense nunha posta en escena que encontra un espazo de percepción particular para cada un deles, na proximidade que permite unha sala como o Teatro Permanente.

Reservas xa dispoñibles!

Fotografía: Sergio Alegre.

ARTIGO RELACIONADO

,
Por un problema de saúde, tivemos que adiar o concerto que estaba previsto para o día 24 de abril. Queda fixado o 30 de abril ás 20:00 como nova data, mais pode haber novas modificacións en función…
Serán cinco en total, non nos dará tempo a velas todas. Hai que deixar algo para ese día, tamén. Algunha novidade, algo imprevisto. Tal vez por iso estes textos non pretenden ser fieis ao que alí ac…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
A primeira xa non é esta. A primeira foi hai varios meses cando unha idea comezou a tomar forma: facer unha proposta de concerto poñendo os medios escénicos do Teatro Permanente ao servicio da inter…