Skip to main content

Eveline Wojak

Eveline Wojak

Despois de facer estudos de teatro na universidade de Aix-Marseille, crea, sostén e desenvolve o proxecto do colectivo de arte da rúa L’Agonie du Palmier durante máis de dez anos. Escribe textos e participa como actriz en espectáculos e conferencias e visitas teatralizadas. Paralelamente, anima obradoiros de práctica escénica en distintos contextos.

A día de hoxe, desenvolve fundamentalmente tarefas de coordinación de eventos culturais en espazos públicos, da voz a filmes documentais e continúa coa animación de obradoiros teatrais.

Despois dun tempo, volve aos escenarios para colaborar connosco, o que lle agradecemos de verdade. Sempre gustou de interrogar ao público sobre o funcionamento do mundo e investigar sobre as maneiras que temos de encontrarnos, de construír co presente. A ocasión é inmellorable para seguir facéndoo.

Récit(s) d’un effondrement: Ruir
20 e 21 de febreiro ás 20:00

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Velaquí a última etapa do noso percorrido sobre A porta pechada, na que imaxinamos a conversa entre dous camareiros de piso que acollen ás persoas que chegan ao inferno particular de Jean-Paul Sartr…
Última etapa do percorrido desta proposta ultraefémera de experiencia mediada polo movemento e a música. Volven Amparo Novas, Ánxela Vidal e , Paulo p para desenvolver máis amplamente a imaxe coa q…
Ofrecemos un recital poético, da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso, que parte dunha frase moi coñecida da obra de Jean-Paul Sartre: “O inferno son os Outros”. Propoñemos unha escolma de textos pr…