Am3lia

Amelia volve no terceiro e último volume da tempada. A interacción entre Amparo e Paulo renóvase coa introdución de novos elementos, sempre a partires da construción en tempo real da oportunidade para o encontro entre a música e o movemento. Podedes consultar as pegadas dos volumes anteriores aquí, e aquí.
Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!
As crianzas poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indicádenos nos comentarios da reserva cantas veñen convosco para controlar o aforo. Moitas grazas.
Faremos entrada inversa.