Skip to main content

Ben está o que está ben: episodios iniciais dunha viaxe con Gulielmus S.

Ben está o que está ben: episodios iniciais dunha viaxe con Gulielmus S.

Cando

Outubro 1, 2026 - Xuño 30, 2027    
00:00 |

Onde

Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo, Pontevedra, 36.202, Galicia

Categoría

A tempada 2026-2027 toma forma a partir dunha creación moi particular, que será o inicio dunha nova proposta: percorrer integralmente a obra teatral de William Shakespeare. Durante os próximos dez anos (se todo vai ben…) presentaremos, en distintos formatos, as 35 pezas recollidas no First Folio de 1623. Neste caso, arrincamos con All’s well that ends well (O que ben acaba, ben está), comedia datada a finais do s. XVI ou principios do s. XVII que foi publicada por vez primeira no propio First Folio.

Encontrarán espazo na nosa programación as citas xa recorrentes, como as nosas permanencias escénicas, a música en directo, os recitais poéticos e tamén, por suposto, as novas creacións, como un espectáculo para público familiar e unha peza en lingua francesa. Tamén recuperamos algunhas das nosas propostas desta última tempada, como Aylan, que volve nunha terceira etapa de traballo, O home que xa non sabía ir ao teatro, ou Ruir, recentemente estreada, coa que abriremos a nosa programación no mes de outubro. Neste caso presentaremos a peza inicial, máis unha segunda en formato “reboot“: mesmo texto, distinta posta en escena.

As reservas estarán dispoñibles a partires do 15 de setembro. Tedes máis información aquí.

Hai máis cousiñas que se irán descubrindo sobre a marcha. Subscríbete ao noso boletín e non perdas nada!