E nós, alí


Unha illa. Imaxinade unha illa. E o mar fóra, batendo. Alguén chama á porta. E son eu.
Pensamos en A intrusa de Maeterlinck ou en Alguén vai vir, de Jon Fosse, este texto escrito por Alberte introduce unha conversa improbable entre dúas figuras que se encontran en tempos vitais distintos.
Adoptamos o formato de serie-reboot, de maneira que propoñemos distintas solucións escénicas para un mesmo texto. Este será o primeiro volume da serie, que pecha o curso 24-25. O segundo, para iniciar a tempada, a finais de setembro.
As crianzas poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indícanos nos comentarios da reserva cantas veñen contigo para controlar o aforo. Moitas grazas.
Faremos entrada inversa.