E nós, alí

Unha illa. Imaxinade unha illa. E o mar fóra, batendo. Alguén chama á porta. E son eu.
Pensamos en A intrusa ou en Interior de Maurice Maeterlinck; tamén en Alguén vai vir, de Jon Fosse. Este texto escrito por Alberte introduce unha conversa improbable entre dúas figuras que se encontran en tempos vitais distintos.
Adoptamos o formato de serie-reboot, de maneira que propoñemos distintas solucións escénicas para un mesmo texto. Este será o primeiro volume da serie, que pecha o curso 24-25. O segundo, para iniciar a tempada, a finais de setembro.
Máis info, aquí.
As crianzas poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indícanos nos comentarios da reserva cantas veñen contigo para controlar o aforo. Moitas grazas.
Faremos entrada inversa.