Skip to main content

El calor de enero

El calor de enero

Cando

Novembro 13, 2026    
20:00 | 45 minutos

Onde

Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo, Pontevedra, 36.202, Galicia

Categoría

Moita palla e pouca gra é unha peza de William Shakespeare escrita nos últimos anos do século XVI, un enredo que percorre as conversas e situacións, por veces esperpénticas, dunha serie de personaxes que se encontran reunidos na propiedade do gobernador de Mesina, ao norte de Sicilia, baixo a dominación da coroa de Aragón.

Neste caso, presentamos unha breve achega da obra orixinal, que leva por título, El calor de enero. Centrámonos nunha das tramas paralelas, a que reúne a Beatriz, sobriña do gobernador, e Benedicto, un noble italiano. Asistimos a un duelo de enxeño, con diálogos espléndidos, de grande capacidade cómica e que manexan brillantemente o sarcasmo. As súas conversas van evolucionando, grazas á mediación de terceiros tan típica dos enredos, desde a confrontación cara o afecto.

Unha proposta escénica de Alberte Alonso, acompañado en escena pola actriz mexicana Dulce Galván.

Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

As persoas asociadas poden vir acompañadas dunha persoa non socia. Indícanolo nos comentarios da reserva.

Faremos entrada inversa.