Skip to main content

Etapas para unha variación

Etapas para unha variación

Cando

Novembro 14, 2025    
20:00 | 45 min

Reservas

Onde

Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo, Pontevedra, 36.202, Galicia

Categoría

Presentamos de novo este concerto teatralizado da man da frautista Laura Lorenzo.

Cales son os pasos que nos levan desde o impulso da música ata a súa realización efectiva? Descompoñemos a interpretación coa frauta travesa para entender os seus procesos e establecer un contacto distinto co son e as experiencias que nacen del.

Máis información, aquí.

Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

As crianzas poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indícanos nos comentarios da reserva o número de crianzas que te acompañan.

Faremos entrada inversa.

Formulario de Reserva

O PRAZO DE RESERVAS NON ESTÁ ABERTO: APERTURA PENDENTE, OU EVENTO EN CURSO OU FINALIZADO.