Historias de unha a catro: cinco


Unha creación para público familiar a partir de 3 anos. Recuperamos algúns aspectos do teatro do absurdo para contar historias que xogan coas palabras e que lle dan a volta á realidade.
Convidámosvos a un diálogo pintoresco e moi animado entre Lisa e Alberte.
Máis info: aquí.
As crianzas poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indicádenos nos comentarios da reserva cantas veñen convosco para controlar o aforo. Moitas grazas.
Faremos entrada inversa.