Ils étaient aussi beaucoup plus…

Retomamos a nosa programación de teatro en francés cun espectáculo de teatro absurdo para toda a familia. Partimos dunha peza orixinal de Ionesco para imaxinar unha conversa que ten lugar nos anos 40, pero que conserva a súa vixencia na actualidade. Podemos pensar que as cousas non cambiaron tanto desde aquela, ou que Ionesco era un visionario. Pode parecer un lugar común, pero este tipo de situacións non deixan de sorprendernos.
Con Lisa Vitorino e Alberte Alonso en escena.
As persoas socias poderán reservar as súas entradas anticipadamente. Asóciate!
Acceso libre ata completar o aforo, con entrada inversa.