O home que xa non sabía ir ao teatro[peza para dúas persoas que falan consecutivamente e crean unha impresión de diálogo por efecto Kuleshov]

En 2025 terán pasado 25 anos dun espectáculo que definiu o que había de ser o Teatro Permanente, aínda que daquela non o sabiamos. Un monólogo a partires dunha lectura moi particular dun texto de Benedetti, convértese agora nun diálogo que percorre a memoria daqueles días.
As asociacións de imaxes son ás veces enganosas. O noso cerebro enche os ocos cando a información falta. Non todo o que parece, é.
Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!
Os outros membros da unidade familiar poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indícanos nos comentarios da reserva o número de persoas que te acompañan.
Faremos entrada inversa.