Ocho cerrado [Una impresión escénica precedida de la última palabra de Huis Clos, de Jean-Paul Sartre]

Hai bucles, como se nos ofrecesen a oportunidade de tomar unha solución distinta cando pasamos por un punto. Frases que se repiten, situacións que se enquistan e nas que tentamos encontrar unha saída, sen éxito, volvendo unha e outra vez a unha mesma idea, e retomando sendas novas, en aparencia, pero que ofrecen sempre o mesmo resultado, como unha mosca que se empeña en saír, golpeándose cada vez nun lugar diferente da ventá.
Para este proxecto efémero, contamos coa colaboración da actriz mexicana Dulce Galván.
Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!
Os outros membros da unidade familiar poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indícanos nos comentarios da reserva o número de persoas que te acompañan.
Faremos entrada inversa.