Skip to main content

Os Outros

Os Outros

Cando

Maio 8, 2026    
20:00 | 60 minutos

Reservas

Onde

Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo, Pontevedra, 36.202, Galicia

Categoría

Como nos enfrontamos a eses Outros que constitúen o grupo de persoas do que “eu” non pode nunca formar parte? Esa é a ruptura máis radical das nosas vidas, a que nos separa para poder singularizarnos, para obrigarnos a defender e alimentar esa idea de que somos alguén. Non somos nada máis que as nosas vidas, a secuencia de feitos que a compoñen e que teñen valor para a cadea interminable na que se insiren, independentemente de quen os realice.

Unha escolma de textos propios e alleos da man de Esme Quiroga e Alberte Alonso.

Máis info: aquí.

Lembra que o Teatro Permanente é un proxecto asociativo. Colabora connosco e forma parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

Entrada libre ata completar aforo. As persoas socias poden reservar a súa praza anticipadamente. Lembra indicar nos comentarios da reserva o número de persoas que te acompañan.

Faremos entrada inversa.

Formulario de Reserva

O PRAZO DE RESERVAS NON ESTÁ ABERTO: APERTURA PENDENTE, OU EVENTO EN CURSO OU FINALIZADO.