Pór

Nesta etapa de permanencias reunimos de novo a Amparo Novas, Lisa Vitorino, Ánxela Vidal Trabada e Paulo p para propoñer unha serie de tres presentacións escénicas, unha por trimestre, nas que establecemos conexións entre a música, a palabra e as artes do movemento. Neste caso, en conexión con outra das pezas que presentaremos esta tempada, partimos dun monosílabo da lingua galega. Non apelamos aos significados das palabras, senón aos sonidos que producen en determinadas combinacións, e como iso se pode entrelazar coa música e co movemento.
Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!
As persoas asociadas poden vir acompañadas dunha persoa non socia. Indícanolo nos comentarios da reserva.
Faremos entrada inversa.