Skip to main content

Ruir

Ruir

Cando

Novembro 21, 2026    
20:00 | 70 minutos

Reservas

Onde

Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo, Pontevedra, 36.202, Galicia

Categoría


Este texto, creado orixinalmente en lingua francesa, propón unha extensión do universo que imaxinamos para a peza “A porta pechada” de Jean-Paul Sartre, elemento central da programación 25-26 do Teatro Permanente.

Ruir é unha palabra da lingua portuguesa para falar da caída dunha construción, dun afundimento. Esta idea está moi presente neste tempo, con situacións que nos fan pensar que atravesamos un momento crítico na historia.

A peza propón unha conversa improbable entre dous dos “camareiros de piso”, tal e como os caracteriza o propio Sartre, que acomodan ás persoas que chegan ao inferno, e que debe facer fronte ás imaxes terribles que emanan dos novos residentes. Un día, aparece un cativo duns cinco anos, e descubrimos con eles a historia terrible que o levou alí.

En escena, Lisa Vitorino e Sonia Salgado, coa colaboración de Venus Pavón Requejo, sobre un texto e posta en escena de Alberte Alonso.

Recomendado a partires de 14 anos.

 

Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

As persoas asociadas poden vir acompañadas dunha persoa non socia. Indícanolo nos comentarios da reserva.

Faremos entrada inversa.

 

Formulario de Reserva

Entradas

ASÓCIATE : DEBES FORMAR PARTE DA COMUNIDADE PERMANENTE PARA RESERVAR.
SE XA ES UNHA PERSOA ASOCIADA INICIA SESIÓN AO COMEZO DESTE FORMULARIO OU NA ÁREA ASOCIADAS