Ruir [reboot]

Este texto, creado orixinalmente en lingua francesa, propón unha extensión do universo que imaxinamos para a peza “A porta pechada” de Jean-Paul Sartre, elemento central da programación 25-26 do Teatro Permanente.
Propoñemos, desta volta, unha posta en escena alternativa á presentada anteriormente, ofrecendo a posibilidade de ver dous tratamentos escénicos distintos para o mesmo texto.
Ruir é unha palabra da lingua portuguesa para falar da caída dunha construción, dun afundimento. Esta idea está moi presente neste tempo, con situacións que nos fan pensar que atravesamos un momento crítico na historia.
A peza propón unha conversa, que foxe do seu contexto orixinal para descubrirnos unha realidade distinta, pero igualmente inquietante. Nela descubrimos a dúas persoas que, no fondo, non son tan distintas de nós, o que talvez faga que nos preguntemos se, fronte á situación proposta, pensariamos as cousas da mesma maneira.
En escena, Lisa Vitorino e Sonia Salgado, coa colaboración de Venus Pavón Requejo, sobre un texto e posta en escena de Alberte Alonso.
Recomendado a partires de 14 anos.
Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!
As persoas asociadas poden vir acompañadas dunha persoa non socia.
Faremos entrada inversa. Propoñemos unha aportación de 10 euros.