Skip to main content

Ruir [programa dobre]

Ruir [programa dobre]

Cando

Novembro 29, 2026    
19:00 | 160 minutos (incluído un entreacto de 20 minutos)

Reservas

Onde

Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez, 7, Vigo, Pontevedra, 36.202, Galicia

Categoría

Este texto, creado orixinalmente en lingua francesa, propón unha extensión do universo que imaxinamos para a peza “A porta pechada” de Jean-Paul Sartre, elemento central da programación 25-26 do Teatro Permanente.

Propoñemos, desta volta, unha sesión moi especial que reúne, nun programa dobre, as dúas propostas escénicas para a peza de Alberte Alonso. Ofrecemos a posibilidade de ver dous tratamentos escénicos distintos para o mesmo texto na mesma noite.

Ruir é unha palabra da lingua portuguesa para falar da caída dunha construción, dun afundimento. Esta idea está moi presente neste tempo, con situacións que nos fan pensar que atravesamos un momento crítico na historia.

En escena, Lisa Vitorino e Sonia Salgado, coa colaboración de Venus Pavón Requejo.

Recomendado a partires de 14 anos.

 

Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

Este é un evento aberto exclusivamente para as persoas socias.

Faremos entrada inversa. Propoñemos unha aportación de 10 euros.

Formulario de Reserva

Entradas

ASÓCIATE : DEBES FORMAR PARTE DA COMUNIDADE PERMANENTE PARA RESERVAR.
SE XA ES UNHA PERSOA ASOCIADA INICIA SESIÓN AO COMEZO DESTE FORMULARIO OU NA ÁREA ASOCIADAS