Überschach 1937

Este espectáculo propón unha serie de operacións escénicas arredor dunha obra de Diego Seixo, “Concerto para cámara: apertura“, que ocupa o escenario e que se estende ata unha imaxe específica da mesma. A través dunha superficie análoga a un taboleiro de xadrez descubrimos un relato documental sobre un momento clave do ascenso do nazismo, o ano 1937.
Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!
Faremos entrada inversa.