Skip to main content

UiClo2

UiClo2

Retomamos o formato de permanencias: unha xornada de creación e unha única representación en sesión matinal. Unha reunión de artistas onde a danza, o teatro e a música en directo se ofrecen ao valor do efémero, da súa fraxilidade e da idea de acontecemento. De novo colaboran Amparo Novas, Paulo p, Ánxela Vidal e Lisa Vitorino na exploración, desta volta, do espazo  sonoro e de movemento que deriva de Huis Clos (A portas pechadas), de Jean-Paul Sartre.

Máis info, aquí.

Lembra que para asistir ás nosas presentacións escénicas é necesario formar parte da Comunidade Permanente. Asóciate!

Os outros membros da unidade familiar poden entrar gratuitamente acompañando a unha persoa asociada. Indícanos nos comentarios da reserva o número de persoas que te acompañan.

Faremos entrada inversa.

Formulario de Reserva

O PRAZO DE RESERVAS NON ESTÁ ABERTO: APERTURA PENDENTE, OU EVENTO EN CURSO OU FINALIZADO.