Skip to main content

Ficcións ficcionais [?]

Ficcións ficcionais [?]

Todas aquelas ideas que se quedan polo camiño ou que só poden existir se as imaxinamos, porque resisten a ser realizadas.

Este espazo estará reservado a proxectos desbotados, a ideas simplemente formuladas, pero irrealizables, por motivos diversos.

Poderíamos falar de creacións virtuais, describindo o que teríamos feito se realmente o chegásemos a facer, ou incluso con relatos do que pasou, a pesares de non ter pasado.

Tamén recolleremos relatos de autoficción e outros textos que nos parecen marabillosos, ou terribles, e que decidiremos non poñer en escena.

Incluiremos un espazo para resumos dos textos teatrais que temos na nosa biblioteca, por se iso pode servir como pista para proxectos alleos.

ARTIGO RELACIONADO

,
Hai algo nesta foto que trascende a historia da persoa que aparece nela. Penso que é cousa da luz, ese aire de pintura, de retrato clásico, que lle dá irrealidade. E ao tempo, observo unha tenrura n…

ARTIGO RELACIONADO

,
Inauguramos esta semana unha serie de biografías ficcionais a partires de fotografías nosas modificadas dixitalmente. Crearemos de xeito recorrente relatos de vida para persoas que acompañan o noso…