Skip to main content

Foi así [redux]

Foi así [redux]

Outra vez. Ningunha vez é igual a outra. Ningunha das ocasións nas que se retoma unha frase, ou unha escena, nos ensaios é a mesma. Isto pode parecer un estereotipo, porque o é, a maior parte das veces. Afacémonos a falar sen dicir nada, e daquela aprendemos a entender sen que nos digan nada realmente. Contentámonos coas palabras.

Estas palabras din cousas, para quen saiba escoitalas.

Interésanos a cuestión da memoria, que era o tema central deste espectáculo na súa primeira versión. Neste caso, abordamos a memoria do que se di na peza de Sartre, moito tempo despois de que se diga por primeira vez. Supoño que na morte un pode lembrar a vida coma quen soña, coa mesma impresión de irrealidade. Pero como lembra o que acontece despois da morte? Como se lembran as lembranzas de ter contado o que se viviu en vida? Pode parecer enredoso, non o imos negar. Haberá quen pense non se trata máis que dun xogo de palabras. Talvez sexamos capaces de transformalo en algo que tome corpo en escena. Só talvez.

O que se di antes de presentar un espectáculo nunca é unha promesa, soamente a expresión dunha idea nun momento dado do proceso. Que quede claro.

Venres 28 e sábado 29 de novembro ás 20:00.

Reservas xa dispoñibles! Asóciate!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…