Skip to main content

Canta(r)

Canta(r)

Abrimos un grupo de traballo dedicado ao canto que, nunha sesión semanal, irá configurando un repertorio propio, ecléctico e de perfil contemporáneo, para ser presentado diante do público de xeito regular.

Coa mediación de Sara Álvarez, abordaremos un traballo mixto de preparación e creación para constituir un elemento de acción escénica que participará na programación habitual do Teatro Permanente baixo distintas formas.

Non se necesitan coñecementos de solfexo. Valorarase o compromiso.

O grupo reúnese os venres de 19h-21h. Cota de inscrición: 20€/mes.

Máis información e inscricións polas canles de contacto habituais!

NOTA DO 1 DE MARZO DE 2025:

O grupo de canto suspende a súa actividade xa que non conseguimos reunir o mínimo de participantes necesario.

ARTIGO RELACIONADO

, ,
Unha vez lin un libro. Era tan pequeno que case non se lle podería chamar libro, se non fose polo feito de que era un libro. A primeira páxina estaba ao principio, e a última non contaba nada, só ti…
Serán cinco en total, non nos dará tempo a velas todas. Hai que deixar algo para ese día, tamén. Algunha novidade, algo imprevisto. Tal vez por iso estes textos non pretenden ser fieis ao que alí ac…
O mes de abril estará dedicado á música no Teatro Permanente. Arrincamos cun concerto este xoves día 10 ás 20:00 da man da frautista Laura Lorenzo. O día 24 continuamos cunha proposta de Paulo p. qu…