Skip to main content

Historias de 1 a 4: 5

Historias de 1 a 4: 5

Unha vez lin un libro. Era tan pequeno que case non se lle podería chamar libro, se non fose polo feito de que era un libro. A primeira páxina estaba ao principio, e a última non contaba nada, só tiña indicacións de quen o imprimira, e onde. Coma todos os libros. Todos os libros que eu coñeza, en calquera caso. Levaba por título: conto número 2, e o seu autor era Eugène Ionesco, o célebre dramaturgo francés nado en Romanía. Foi un auténtico descubrimento, porque non sabía que Ionesco escribira contos infantís, e resultou un éxito total nos nosos momentos de lectura. Recoméndovolo!

O teatro do absurdo sempre me pareceu unha materia de traballo marabillosa para o xogo escénico, e pensei que poderiamos partir da maneira de contar de Ionesco para construír un pequeno espectáculo de teatro familiar onde se conten historias de todo tipo: tópicas, caleidoscópicas, astronómicas, termófilas, paralepipédicas e esdrúxulas. E iso fixemos, xuntando por primeira vez en escena a Lisa e Alberte para xogar nun formato breve para toda a familia.

Agardámosvos, neste mes de maio, o

a) 17

b) 18

c) 24

d) 25

e) ningunha das anteriores

f) todas as anteriores

g) papaia!

ARTIGO RELACIONADO

,
Xa temos os horarios para os nosos obradoiros permanentes de práctica escénica. Tes toda a información detallada na sección Aulas Abertas. Vide formar parte da Comunidade Permanente!
Neste obradoiro descubrimos os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. En principio, propoñemos dous grupos: luns de 17:30 a 19:00 xoves de 17:30 a 1…
O noso grupo de traballo permanecerá aberto os martes de 19:30 a 21:30 e os mércores de 11:30 a 13:30 a partires do 1 de outubro de 2026. Cunha dinámica esencialmente lúdica, abordamos cuestións esp…