
Iván Davila
Iván Davila
Iván Davila é Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia e Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola UNIR, desenvolve o seu traballo entre a interpretación, a creación e a investigación arredor do corpo, o humor e o xogo escénico.
É director, produtor e distribuidor da compañía NegroLópez, coa que participa en diferentes procesos de creación de espectáculos, e conta con experiencia en teatro, audiovisual, narración oral e dobraxe.

En 2025 foi bolseiro Fulbright, experiencia que lle permitiu continuar a súa formación nos Estados Unidos e especializarse en clown, comedia física e performance no Celebration Barn Theater. A súa formación neste ámbito inclúe tamén traballo con referentes como Aitor Basauri, Avner the Eccentric, Peta Lily, Álex Navarro, Rui Paixão, Carlos Sante, Olivier Delamare ou Leo Bassi, entre outros.
A súa aproximación ao clown parte do xogo, da presenza e da procura daquilo que fai singular a cada intérprete. Unha práctica baseada en atopar o propio material cómico, amplificalo e poñelo en relación co público.


