Skip to main content

Laura Lorenzo Rodríguez

Laura Lorenzo Rodríguez

Actualmente compaxina a súa actividade concertística como músico freelance en orquesta e diferentes proxectos coa docencia. Nada en Cangas do Morrazo no 1993. Comeza os seus estudos de frauta no Conservatorio “Manuel Quiroga” de Pontevedra con Francisco Seoane e continua no Conservatorio Superior de Música de Vigo con Fernando Raña e Manuel Morales, graduándose con matrícula de honra.

Posteriormente, múdase a Alemania para realizar o mestrado en música clásica e contemporánea na Hochschule für Musik Freiburg con Mario Caroli, coa axuda da beca da Fundación JONDE/BBVA. Asistiu a clases maxistrais de recoñecidos músicos como Davide Formisano, Juergen Franz, Felix Renggli, Lucas Macias Navarro, Eric Le Sage, Bruno Schneider, Xavier Gagnepain, Kennedy Moretti, etc.

Na súa formación orquestal destaca o seu paso pola Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia e pola Xove Orquesta Nacional de España (JONDE) na que participou en numerosos proxectos que a levaron a tocar por numerosas salas europeas. Como docente, foi invitada para colaborar co Sistema Nacional de Educación Musical de Costa Rica, no campamento da Orquesta “Julio Fonseca”. Entre 2016 e 2018, foi academista da Orquesta Nacional de España, formándose con Álvaro Octavio, Miguel Ángel Angulo e Pepe Sotorres.

Ten colaborado e colabora en formacións profesionais como Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Navarra, Oviedo Filarmonía, Orquesta Nacional de España, Orquesta de la Comunidad de Madrid, Real Filharmonía de Galicia, Philarmonisches Orchester Freiburg, Banda Municipal de A Coruña, etc.

En 2019 cofunda Samudra Trio, trío de cámara premiado nos IX Premios Martín Códax e no XIV Concurso Internacional de Chieri polo álbum discográfico Odisea. Desde ese mesmo ano, colabora habitualmente con Caspervek, grupo especializado na musicalización de cinema mudo en directo.

Nos anos 2022 e 2023, realizou o mestrado en musicoloxía aplicada da Universidad de La Rioja, especializándose na historia interpretativa da frauta.

Desde 2024, é docente de frauta no Centro Superior de Música de Galicia.

O mes de abril estará dedicado á música no Teatro Permanente. Arrincamos cun concerto este xoves día 10 ás 20:00 da man da frautista Laura Lorenzo. O día 24 continuamos cunha proposta de Paulo p. qu…

ARTIGO RELACIONADO

, ,
A primeira xa non é esta. A primeira foi hai varios meses cando unha idea comezou a tomar forma: facer unha proposta de concerto poñendo os medios escénicos do Teatro Permanente ao servicio da inter…

ARTIGO RELACIONADO

,
Abrimos un grupo de traballo dedicado ao canto que, nunha sesión semanal, irá configurando un repertorio propio, ecléctico e de perfil contemporáneo, para ser presentado diante do público de xei…