Skip to main content

Leña verde

Leña verde

Abrimos un novo obradoiro para persoas nadas entre os anos 2012 e 2007, ambos incluídos, os mércores de 18:45 a 20:00.

Pensado específicamente para crear distintas experiencias dos procesos creativos e descubrir, desde o escenario do noso teatro, os mecanismos de acción escénica e de encontro entre actores.

Non se necesita experiencia previa. Cota: 30€/mes.

Para saber máis, chamádenos!

Seguimos coñecendo o teatro, descubrindo os distintos aspectos da interpretación e da posta en escena a través do xogo. Prazas dispoñibles, contactade connosco!
Unha sesión semanal para os máis pequenos. Un tempo para descubrir o teatro a través de xogos e de accións teatrais simples.

ARTIGO RELACIONADO

,
A acción do Teatro Permanente non se limita ao que acontece na nosa sala da rúa Abeleira Menéndez. A través da Asociación Cultural Teatro Permanente realizamos intervencións educativas e de acció…